Corresponsabilidade, un reto compartido.
Nesta experiencia gamificada teredes que seguir pistas e resolver probas baseadas en situacións reais da vida diaria. Cada reto axudaravos a reflexionar sobre igualdade, equidade e corresponsabilidade.
Podedes xogar en equipo ou competir entre vós para ver quen descobre antes o segredo da corresponsabilidade. En calquera caso, vivirédelo como unha experiencia única, divertida e inesquecible.
Como funciona?
Modos de xogo
-
Individual: xogas pola túa conta.
-
En grupo:
-
Cada persoa entra co seu nome de usuario ou como convidada.
-
Todos creades o grupo co mesmo nome e engadides os membros.
-
Os dispositivos quedan sincronizados: o que faga un afecta a todo o equipo.
-
Regras básicas
-
Coidade e respectade o espazo no que se desenvolve a actividade.
-
O xogo pode comezar en calquera momento: as indicacións levaránvos á primeira proba.
-
Hai penalizacións se pedides pistas, se fallades tres veces unha resposta ou se saltades algunha proba (cada penalización será máis dura ca anterior).
-
Ao finalizar, poderedes comparar a vosa puntuación co resto de equipos no ranking.
Dates |
from the Sept. 15, 2025, 5:02 p.m. |
Duration | 1h 30m |
Sponsor |
Corresponsabilidade.![]() |
Indications:
-
Todos os membros dun mesmo equipo deben entrar co mesmo nome de grupo.
-
Os dispositivos de cada participante estarán sincronizados, polo que todo o que faga un afecta ao resto.
-
Pódense usar pistas ou mesmo saltar probas, pero cada acción supón unha penalización en tempo.
-
Se fallades a resposta dunha proba tres veces, pasaredes automaticamente á seguinte, tamén con penalización en tempo.
Required materials:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lápis