Ritmos de Ortigueira
Cada nota conta unha historia, e cada pista ten música. Desde a Escola de Gaitas ata o Festival do Mundo Celta, esta experiencia convida a descubrir Ortigueira a través do son, a emoción e o orgullo dunha vila que fixo da cultura folk un símbolo universal.
Como comezar?
- Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
- Punto de encontro recomendado: Aula Cemit
- A experiencia funciona por xeolocalización: debes estar en Ortigueira para poder xogar.
Durante o xogo...
Le con atención, segue as indicacións e saberás que facer en cada momento. A aventura irá guiándote paso a paso.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individual
- En grupo: os equipos fórmanse no momento de iniciar o xogo.
Segue os pasos: ESCOLLER MODO DE XOGO – EN GRUPO – ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.
Regras do xogo:
- Lembra que estarás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
- As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
- Ao rematar, podedes comparar as vosas puntuacións no ranking de equipos.
Localización | Ortigueira (A Coruña) |
Datas |
dende o 11 de outubro de 2025 ás 11:00 |
Duración | 1h 30m |
Indicacións:
-
Pódense usar pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
-
Fallar tres veces na solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.
Material necesario:
- Teléfono móbil con batería e conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado cómodo