O Enigma da Feira dos Santos de Gontán (Abadín)
Cada ano, en novembro, Gontán énchese de vida coa súa feira máis emblemática: a Feira dos Santos, un punto de encontro de veciños, gandeiros e artesáns de toda Galicia.
Mais este ano algo mudou. O Esqueleto —esa figura que aparece sempre que a memoria dun lugar está en perigo— foi visto entre os casetos e a ponte, tentando borrar as historias que mantiveron viva a feira durante séculos.
A vosa misión é impedir que o consiga.
En cada parada atoparedes unha proba que mestura historia, observación e enxeño, e que vos permitirá recuperar fragmentos da memoria borrada.
Só se superades todas as etapas poderedes devolverlle a Gontán o espírito da súa feira e vencer unha vez máis a O Esqueleto.
Como comezar?
- Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
- Punto de encontro recomendado: Praza Campo da Feira – Gontán (Abadín).
- A experiencia funciona por xeolocalización, polo que debedes estar en Gontán para poder xogar.
Durante o xogo...
- Le con atención as historias, segue as indicacións e deixa que a feira te guíe.
- Cada pista levarate un pouco máis preto do segredo mellor gardado de Gontán.
- O Esqueleto quere borrar a memoria da feira, pero só quen saiba mirar con atención poderá restaurala.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individual
- En grupo: os equipos fórmanse ao iniciar o xogo.
Segue os pasos:
ESCOLLER MODO DE XOGO → EN GRUPO → ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.
Regras do xogo
- Estás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
- As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
- Ao rematar, podedes comparar as puntuacións no ranking de equipos.
| Localización | Abadín (Lugo) |
| Datas |
dende o 25 de outubro de 2025 ás 11:00 |
| Duración | 1h 30m |
| Patrocinador |
Xogal![]() |
Indicacións:
- Pódense pedir pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.
Material necesario:
- Teléfono móbil con batería e conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado cómodo
