Escape Room: Corresponsabilidade - Un reto compartido

Corresponsabilidade, un reto compartido - Nigrán

Nesta experiencia gamificada teredes que seguir pistas e resolver probas baseadas en situacións reais da vida diaria. Cada reto axudaravos a reflexionar sobre igualdade, equidade e corresponsabilidade.

Podedes xogar en equipo ou competir entre vós para ver quen descobre antes o segredo da corresponsabilidade. En calquera caso, vivirédelo como unha experiencia única, divertida e inesquecible.

Como funciona?

Modos de xogo

  • Individual: xogas pola túa conta.

  • En grupo:

    • Cada persoa entra co seu nome de usuario ou como convidada.

    • Todos creades o grupo co mesmo nome e engadides os membros.

    • Os dispositivos quedan sincronizados: o que faga un afecta a todo o equipo.

Regras básicas

  • Coidade e respectade o espazo no que se desenvolve a actividade.

  • O xogo pode comezar en calquera momento: as indicacións levaránvos á primeira proba.

  • Hai penalizacións se pedides pistas, se fallades tres veces unha resposta ou se saltades algunha proba (cada penalización será máis dura ca anterior).

  • Ao finalizar, poderedes comparar a vosa puntuación co resto de equipos no ranking.

Localización Nigrán (Pontevedra)
Datas dende o 7 de marzo de 2026 ás 11:00
Duración 1h 30m
Patrocinador Concello De Nigrán

Indicacións:

  • Todos os membros dun mesmo equipo deben entrar co mesmo nome de grupo.

  • Os dispositivos de cada participante estarán sincronizados, polo que todo o que faga un afecta ao resto.

  • Pódense usar pistas ou mesmo saltar probas, pero cada acción supón unha penalización en tempo.

  • Se fallades a resposta dunha proba tres veces, pasaredes automaticamente á seguinte, tamén con penalización en tempo.

Material necesario:

  • Teléfono móbil
  • Conexión a internet
  • Papel e lápis

Localización

Valoracións

0 Puntos Ninguén o fixo aínda, podes ser o primeiro
5 estrelas
4 estrelas
3 estrelas
2 estrelas
1 estrela

whatsapp icon