A sombra de Monteferro

Os xogadores deben localizar puntos específicos e seguir as pistas para descubrir quen secuestrou a Rodrigo, un dos alumnos do IES Terra de Turonio. Podedes competir entre vós para ver quen o descobre primeiro. 

Como funciona?

Modos de xogo:

  1. Individualmente.
  2. En grupo:
  • Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
  • Creades un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a el.
  • Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.

Regras:

Tedes que ter en conta que estamos na rúa, polo que pedímosvos que coidedes e respectedes o entorno. Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levaravos á primeira proba.

Dende que comeza ata que remata a experiencia, teredes asistencia por WhatsApp para calquera problema.

É importante saber que fallar a resposta 3 veces, pedir pistas ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.

Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. Non perdas o tempo!

Localización Nigrán (Pontevedra)
Datas dende o 20 de xuño de 2025 ás 10:00
Duración 1h 30m

Indicacións:

- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.

- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.

- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.

- Fallar tres veces a solución da proba farache avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.

Material necesario:

Todo o que necesitas para xogar é:

- Teléfono móbil

- Conexión a internet

- Calzado cómodo

 

Ranking

1
guest_005610 16/06/2025 18:59
3h 43m 8s
Ver todos

Localización

Valoracións

0 Puntos Ninguén o fixo aínda, podes ser o primeiro
5 estrelas
4 estrelas
3 estrelas
2 estrelas
1 estrela

whatsapp icon