A lenda da Deusa Navia
No corazón da montaña lucense, Navia de Suarna convértese no escenario dunha experiencia inmersiva que combina arte, patrimonio e natureza.
Inspirada na ruta “Navia e Arte” e na escultura creada por Pavel Yakushev, “A Lenda da Deusa Navia” propón unha viaxe mítica a través das esculturas, a ponte medieval, o castelo e as beiras do río Navia.
Conta a lenda que unha xoia máxica, coñecida como a Lágrima da Deusa, mantén o equilibrio entre a terra e a auga. Pero alguén a roubou… e agora o río está a piques de secar.
A vosa misión é seguir as pistas agochadas nas esculturas e recunchos da vila para atopala antes de que sexa tarde. Só quen saiba interpretar a linguaxe da arte e da natureza poderá devolverlle o seu poder á deusa.
Como comezar?
- Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
- Punto de encontro recomendado: Praza do Concello
- A experiencia funciona por xeolocalización: debes estar en Navia de Suarna para poder xogar.
Durante o xogo...
Explora, observa e deixa que a ruta te guíe.
Cada escultura e cada lugar agochan unha parte da historia: símbolos, palabras e sinais que te achegarán un pouco máis á verdade sobre a Deusa Navia.
Se logras atopar a Lágrima perdida, o río volverá fluír… e o equilibrio natural será restaurado.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individual
- En grupo: os equipos fórmanse no momento de iniciar o xogo.
Segue os pasos: ESCOLLER MODO DE XOGO – EN GRUPO – ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.
Regras do xogo:
- Lembra que estarás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
- As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
- Ao rematar, podedes comparar as vosas puntuacións no ranking de equipos.
| Localización | Navia De Suarna (Lugo) |
| Datas |
dende o 26 de outubro de 2025 ás 16:30 |
| Duración | 1h 30m |
| Patrocinador |
Xogal![]() |
Indicacións:
- Pódense pedir pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.
Material necesario:
- Teléfono móbil con batería e conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado cómodo
