O Enigma da Feira dos Santos de Gontán (Abadín)

Cada ano, en novembro, Gontán énchese de vida coa súa feira máis emblemática: a Feira dos Santos, un punto de encontro de veciños, gandeiros e artesáns de toda Galicia.
Mais este ano algo mudou. O Esqueleto —esa figura que aparece sempre que a memoria dun lugar está en perigo— foi visto entre os casetos e a ponte, tentando borrar as historias que mantiveron viva a feira durante séculos.

A vosa misión é impedir que o consiga.

En cada parada atoparedes unha proba que mestura historia, observación e enxeño, e que vos permitirá recuperar fragmentos da memoria borrada.
Só se superades todas as etapas poderedes devolverlle a Gontán o espírito da súa feira e vencer unha vez máis a O Esqueleto.

Como comezar?

  • Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
  • Punto de encontro recomendado: Praza Campo da Feira – Gontán (Abadín).
  • A experiencia funciona por xeolocalización, polo que debedes estar en Gontán para poder xogar.

Durante o xogo...

  • Le con atención as historias, segue as indicacións e deixa que a feira te guíe.
  • Cada pista levarate un pouco máis preto do segredo mellor gardado de Gontán.
  • O Esqueleto quere borrar a memoria da feira, pero só quen saiba mirar con atención poderá restaurala.

Como funciona?

Modos de xogo:

  • Individual
  • En grupo: os equipos fórmanse ao iniciar o xogo.

Segue os pasos:
ESCOLLER MODO DE XOGO → EN GRUPO → ESCRIBIR NOME DO GRUPO

IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.

Regras do xogo

  • Estás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
  • As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
  • Ao rematar, podedes comparar as puntuacións no ranking de equipos.
Localización Abadín (Lugo)
Fechas desde el 25 de Octubre de 2025 a las 11:00
Duración 1h 30m
Patrocinador Xogal
logo-xogal

Indicaciones:

  • Pódense pedir pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
  • Fallar tres veces a solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.

Material necesario:

  • Teléfono móbil con batería e conexión a internet
  • Papel e bolígrafo
  • Calzado cómodo

Ranking

1
Revoltas mentais 25/10/2025 11:02
32m 7s
2
Las gatitas 25/10/2025 12:18
42m 36s
3
Tiza 25/10/2025 12:57
53m 42s
4
Gontán 25/10/2025 12:25
56m 12s
5
guest_006984 25/10/2025 14:50
1h 4m 43s
6
Milagreiras 25/10/2025 11:58
1h 11m 21s
7
Pulgas aventureras 25/10/2025 12:33
1h 15m 58s
8
Aa banda das do 2014 25/10/2025 12:11
1h 20m 52s
9
Pelouros 25/10/2025 11:54
1h 32m 18s
10
Grupo Beatriz 25/10/2025 12:01
1h 50m 11s
Ver todos

Localización

Valoraciones

0 Puntos Aún nadie lo ha hecho, sé el primero
5 estrellas
4 estrellas
3 estrellas
2 estrellas
1 estrella

whatsapp icon