A luz vermella no monte - Pedrafita
En pleno corazón dos Ancares, Brañas da Serra convértese no escenario dunha experiencia inmersiva que combina historia, natureza e xogo. Inspirada en feitos reais da Segunda Guerra Mundial, “A luz vermella no monte” convida a descubrir o pasado mineiro e as lendas do wolframio mentres percorres camiños, bosques e aldeas cheas de memoria.
A misión é clara: recuperar o “Libro Perdido do Wolframio” e descubrir onde Xosé e o seu pai agocharon o mineral que podía cambiar o destino da guerra. Pero terás que ser máis rápido ca Garda Civil… e máis listo ca os contrabandistas que aínda rondan polos montes.
Como comezar?
- Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
- Punto de encontro recomendado: Casa Albaredo – Brañas da Serra
- A experiencia funciona por xeolocalización: debes estar en Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) para poder xogar.
Durante o xogo...
Le con atención as historias, segue as indicacións e deixa que o monte te guíe. Cada pista levarate un pouco máis preto do segredo mellor gardado da serra.
O “Libro Perdido do Wolframio” só revelará os seus misterios a quen saiba escoitar o silencio da montaña e ver máis alá da luz vermella.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individual
- En grupo: os equipos fórmanse no momento de iniciar o xogo.
Segue os pasos: ESCOLLER MODO DE XOGO – EN GRUPO – ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.
Regras do xogo:
- Lembra que estarás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
- As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
- Ao rematar, podedes comparar as vosas puntuacións no ranking de equipos.
| Localización | (Lugo) |
| Fechas |
desde el 19 de Octubre de 2025 a las 11:00 |
| Duración | 1h 30m |
| Patrocinador |
Xogal![]() |
Indicaciones:
-
Pódense usar pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
-
Fallar tres veces na solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.
Material necesario:
- Teléfono móbil con batería e conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado cómodo
